Logros Comunicativos

Agradecémoslles aos nosos clientes tanto a confianza depositada en SumaComunicación coma o diálogo aberto e constante que nos permiten establecer con eles.
A fluidez comunicativa entre SumaComunicación e as firmas que recorren aos nosos servizos é imprescindible para contribuír a fortalecer a súa imaxe. Un coñecemento amplo das actividades dos nosos clientes permítenos posicionalos axeitadamente mediante os medios de comunicación.
Aquí tes algúns exemplos dos logros comunicativos conseguidos por SumaComunicación para distintos clientes:

Primeira Noite da Enxeñaría en Informática de Galicia

A Primeira Noite da Enxeñaría en Informática de Galicia reuniu en Compostela 160 persoas, entre colexiados e colexiadas, autoridades, patrocinadores e empresarios. O Hostal dos Reis Católicos acolleu a noite de gala, durante aLer máis..

 

 

Conferencia Internacional Minaría Sostible

A Cámara Oficial Mineira de Galicia organizou, xunto con outras entidades, a I Conferencia Internacional sobre Minaría Sostible durante os días 15, 16 e 17 de abril de 2009. Os obxectivos do encontro foron: mostrar os modelos deLer máis..

 

 

Difusión mediática do IV Día do Emprendedor

O pasado 19 de maio, Compostela acolleu a IV edición do Día Galego do Emprendedor, promovido polo Igape e BIC Galicia, en colaboración co MITYC. Nesta ocasión, o encontro centrouse na busca de oportunidades de negocio nunLer máis..

 

 

Organización de xornadas promovidas polo Colexio Profesional de Enxeñaría en Informática de Galicia

O Colexio Profesional de Enxeñaría en Informática de Galicia (CPEIG) confía a comunicación do seu labor a SumaComunicación. Ademais de actuar como gabinete de prensa permanente do órgano colexial,Ler máis..

 

 

Difusión dos logros empresariais da correduría de seguros ourensá García&Bermello

A correduría de seguros ourensá García&Bermello apostou por SumaComunicación para a difusión mediática dos seus logros empresariais, entre os que destaca a súa participación no únicoLer máis..

 

 

Candeia Editora publica a obra fotográfica de Manuel Martínez

SumaComunicación difundiu a publicación por parte de Candeia Editora de Ghats e 24 10 06, dous libros que recollen parte da creación fotográfica do deseñador gráfico e fotógrafo ManuelLer máis..

 

 

Certame de pintura rápida organizado pola Cámara Mineira na canteira Juanita

Máis de 30 artistas chegados desde diferentes puntos de España, a meirande parte deles de Galicia, déronse cita na mina Juanita, en Carballeda de Valdeorras, para participaren na terceira edición do Certame de PinturaLer máis..

 

 

123>
   
 
Empresa ~ Servizos ~ Logros Comunicativos ~ Contacto info@sumacomunicacion.es
Teléfono 981 569 894 Fax: 981 553 329, Rúa da Rosa 22, 3º esquda. Santiago de Compostela