Conferencia Internacional Minaría Sostible

A Cámara Oficial Mineira de Galicia organizou, xunto con outras entidades, a I Conferencia Internacional sobre Minaría Sostible durante os días 15, 16 e 17 de abril de 2009. Os obxectivos do encontro foron: mostrar os modelos de xestión mineira sustentable máis avanzados; presentar a vangarda da xestión empresarial mineira; servir de foro de encontro e intercambio de experiencias en distintos países e organismos; e crear unha rede internacional de minaría sustentable que constitúa unha plataforma de contacto permanente entre os grandes grupos de actores, como son a Administración, empresas e profesionais.

Malia ao carácter técnico das ponencias, o evento tivo unha grande aceptación nos medios de comunicación. Máis abaixo podes atopar un exemplo de como a prensa se fixo eco da celebración da conferencia.

 

   
 
 
Empresa ~ Servizos ~ Logros Comunicativos ~ Contacto info@sumacomunicacion.es
Teléfono 981 569 894 Fax: 981 553 329, Rúa da Rosa 22, 3º esquda. Santiago de Compostela